quinta-feira, 6 de junho de 2013

Sesión de difusión do noso eTwinning

Ben sabedes, queridos lectores, que eu son un Principiño entregado ás bibliotecas... Hoxe fun de excursión porque os nenos galegos fixeron unha chulísima presentación do noso eTwinning aos seus compañeiros de primaria...
A sesión comezou cunha presentación de Mario, Borja e Juan. Logo puidemos ver todo o feito no glogster que prepararon para a sesión.
Por último, todos escoitamos a canción que me fixeron os nenos portugueses e os galegos, coa axuda das súas fantásticas profesoras de música (mil grazas ás dúas, sodes unhas artistas!!)
Aquí podedes ver o resumo do día, incluíndo a nosa canción...


Se queredes recordar a canción en portugués, clicade neste enlace.

Aquí está a letra da canción en galego:

E aquí está o video da canción en galego: